Volver

Regueifando en Marín

Centro: CEIP Carballal, Marín (Pontevedra)
Curso: 2018-2019
  • Regueifando

    Regueifando

Este curso, o PDI do CEIP Carballal de Marín centrouse no coñecemento da súa propia vila. Os cativos e cativas deste centro entrevistaron diferentes persoeiros da contorna, investigaron sobre os nomes das prazas e rúas, costumes e festas típicas e, ademais, crearon o videoclip Regueifando en Marín, para defender e promocionar os trazos característicos da súa fala, da súa terra e, o que é máis importante, esnaquizar prexuízos. Este audiovisual xa recibiu diversos galardóns:

  • Premio Olloboi 2019 na categoría "Arte e Música"
  • Premio Videoghit 2019 na categoría "Mellor interpretación musical (son propio)"
  • Premio Videoghit 2019 na categoría "Mellor Videoghit infantil e primaria"
  • Finalista nos Premios Videoghit na categoría "Mellor actor/actriz de repartimento"
  • Finalista na sección Escolas Galegas (educación especial, infantil e primaria) do XII FicBueu