Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal 2021
Curso: 2020/2021
Coa participación máis alta de todas as edicións realizadas ata o momento, as votacións do certame aRi[t]mar 2021 os gañadores foron a artista multidisciplinar galega Rosalía Fernández Rial, polo poema “A reflexión” (Árbores no deserto, Espiral Maior, 2020), e a compositora e música portuguesa Márcia, por “O verão sabe-me bem” (As estradas são para ir, Editorial Planeta, 2020).
As seguintes clasificadas foron Francisco Fernández Naval (Galiza) por “Dixeches”, e Alexandra Santos (Portugal), por “As letras do teu nome” e, en terceiro lugar, Arancha Nogueira (Galiza), por “#love” e Samuel F. Pimenta (Portugal) con “Foz”.
Ademais das comunidades educativas e sociais da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, participaron tamén as da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Instituto de Línguas e Ciências Humanas da Universidade do Minho (Braga), Escola Oficial de Idiomas de Ferrol, Escola Oficial de Idiomas de Lugo, Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, Centro Cultural Portugués de Vigo-Instituto Camões e os centros do Ensino Português pelo Camões en Galicia, e os Centros de Estudos Galegos de máis de 35 universidades do exterior, ben como centros de ensino secundario de fóra de Galicia en que se imparte galego, e o público en xeral.
Os poemas serán interpretados na Gala que se realizará en outono, xunto coas cancións premiadas de Guadi Galego e Cláudia Pascoal, e a atribución a José Viale Moutinho do premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona.
Poemas finalistas
Galiza
- protocolo, Ana Romaní, A desvértebra, Chan da Pólvora, 2020
- #love, Arancha Nogueira, #hashtags para un espazo/confinamento agónico, Positivas, 2020
- Chamamento okupa, Carlos Lorenzo/Baldo Ramos, No interior do abandono, figurandorecuerdo(s)edicións, 2020
- Agora non se garda nada, Iria Pinheiro/María Lado, Uralita, Cuarto de inverno, 2020
- santa lucia, Eduardo Estévez, Arrincando marcos 2020, Positivas, 2020
- Decidín, Lucía Cernadas, Poesía galega novísima, Urutau, 2020
- Odias a poesía e fas ben, María Lado, Gramo Stendhal, Apiario, 2020
- a metáfora de tan fina, Rosa Enriquez, Vacastras, Urutau, 2020
- A reflexión, Rosalía Fernández Rial, Árbores no deserto, Galaxia, 2020
- Dixeches, Francisco Fernández Naval, Poetas na cociña, Medulia Editorial, 2020
Portugal
- ninguém sabe o malefício dos anos, Álamo Oliveira, Poemas Vadios, Companhia das Ilhas, 2020
- As letras do teu nome, Alexandra Santos, As letras do teu nome, Chiado Books, 2020
- Almofada de andorinhas, Hélia Correia, Acidentes, Relógio D’Água Editores, 2020
- Memórias, João Pedro Méssender, A quem pertence a linha do horizonte? Página a Página, 2020
- Quem ordena este pandemónio? Jorge C. Ferreira, Desaguo numa imensa sombra, Poética Edições, 2020
- Poema recuperado do caixote do lixo, Jorge Sousa Braga, A matéria escura, Assírio & Alvim, 2020
- verão sabe-se bem, Márcia, As estradas são para ir, Editorial Planeta, 2020
- A casa velha como uma velha, Raquel Serejo Martins, Silêncio sálico, Poética Edições, 2020
- Valencià, Rosa Oliveira, Errático, Tinta da China, 2020
- Foz, Samuel F. Pimenta, Ascensão da água, Labirinto, 2020
O escritor madeirense José Viale Moutinho, premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona
O xurado do certame aRi[t]mar da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela decidiu conceder o Premio aRi[t]mar especial do xurado “Embaixada da amizade galego-lusófona” ao escritor madeirense residente no Porto José Viale Moutinho.
A resolución do xurado, dada a coñecer nas vésperas do simbólico 25 de abril portugués, pretende pór en destaque, dentro do proxecto aRi[t]mar galiza e portugal, “aquela persoa, grupo de persoas, institución ou iniciativa que teñan contribuído a tender pontes de amizade e colaboración entre a Galiza e a Lusofonía ben como a traballar pola cultura e a lingua comúns o recoñecemento mutuo entre Galiza e a Lusofonía ou cun labor de reinserción da cultura galega nese seu verdadeiro espazo natural”.