Volver

Palabras no Camiño

Centro: IES Aquis Celenis, Caldas de Reis (Pontevedra)
Curso: 2019-2020

O EDLG creou, dentro do seu proxecto de innovación, unha aplicación chamada Palabras no Camiño. ​Nela poténciase o uso do galego e dáselles a coñecer aos peregrinos e peregrinas a contorna de Caldas, pois cada monumento ou lugar de interese leva unha placa cun código QR que inclúe un vídeo explicativo elaborado polo alumnado. ​Baséase nun xogo consistente en descubrir en cada etapa do Camiño de Lisboa e Santiago unha palabra que teñen en común o galego e o portugués.