Volver

Axenda dixital interactiva 2020/2021

Centro: Aulas Galegas
Curso: 2020/2021

Nesta completísima axenda dixital interactiva apta para os dispositivos de Android e IOS, o profesorado disporá de múltiples espazos para organizar detalladamente as súas tarefas diarias; inclúe calendarios semanais, fichas do alumnado, autorizacións, actas de reunión etc. Pode utilizarse en formato electrónico ou en papel e adaptarse aos distintos niveis educativos e necesidades de cada docente. Parabéns a Aulas Galegas pola iniciativa e a todas as persoas que colaboraron neste excelente traballo.