Volver

VIII concurso de viñetas "IgualMente"

Certame convocado polos Servizos Sociais da Deputación da Coruña no marco das actividades de conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller

Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos. O prazo de admisión de obras ábrese o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP e péchase o 12 de abril de 2017.
En canto aos premios, seleccionarase tres traballos finalistas en cada categoría:

  • CATEGORIA A: idades comprendidas entre os 12 e 14 anos
  • CATEGORIA B: idades comprendidas entre os 15 e 18 anos

Nas dúas categorías, o primeiro premio recibirá un iPAD AIR e unha colección de cómics e o segundo e terceiro premio unha tablet e unha colección de cómics.