Volver

III edición da feira de troco de libros de Boborás

Centro: CEIP Nosa Señora de Xuvencos, Boborás (Ourense)
Curso: 2017-2018
  • Moeda "oficial" en homenaxe a María Victoria Moreno

    Moeda "oficial" en homenaxe a María Victoria Moreno

No CEIP Nosa Sra de Xuvencos xa van pola III edición da feira de troco de libros para celebrar o Día do Libro e mais o Día das Letras Galegas. Este ano, como novidade, ademais dos tradicionais billetes, fixeron moedas na impresora 3D. Velaquí tedes a mostra do “Xuvenco 2018”, moeda oficial válida coa que queren homenaxear a M.ª Victoria Moreno e que lle permitirá ao alumnado adquirir un libro na feira.