Volver

III Certame de booktrailers

Centro: IES Pontepedriña, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2018-2019

Xa coñecemos os vídeos gañadores do III Concurso de booktrailers do IES Pontepedriña, unha iniciativa que xurdiu hai tres cursos co fin de fomentar a lectura e a creación audiovisual en galego. Nesta terceira edición, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, decidiu ampliar o certame ao alumnado de todos os centros de Galicia sostidos con fondos públicos. O traballo premiado na categoría de 12 a 15 anos foi a presentación da novela O que sei do silencio de Andrea Maceiras realizada por David López Lapeña (IES de Foz); na de 16 a 18 anos gañaron Artur Vázquez e Aarón Vilariño (IES Pontepedriña) con O xardineiro dos ingleses, de Marcos Calveiro. Parabéns!!!