Ver todos os autores

2017 - Carlos Casares

Carlos Casares Mouriño nace na cidade de Ourense o 24 de agosto de 1941. Sendo un neno, a súa familia trasládase a Xinzo de Limia, onde o pai, Francisco Casares, traballará como mestre. A súa infancia desenvólvese nun ambiente entre aldeán e vilego, entre Xinzo e as aldeas de Beiro, Lamas e Sabucedo, que deixará unha fonda pegada na súa obra.

No ano 1952 ingresa no seminario de Ourense, onde descobre a súa faceta de escritor grazas ao profesor de literatura Agustín Madarnás, de quen o propio Carlos dirá que o marcou profundamente. Nesta etapa escribe un xornal semanal, El Averno, do que era o "director e único redactor".

Cando abandona o seminario, segue os estudos de bacharelato por libre en Xinzo de Limia. En 1959 gaña un concurso de relatos breves e isto permítelle coñecer a Vicente Risco, membro do xurado, e participar nos seus faladoiros literarios dos cafés Parque, Miño ou Volter. Alí contactará con outros escritores e artistas como Arturo Lezcano, Ferro Couselo, Xaime Quessada ou Xaquín Lorenzo.

No ano 1961 trasládase a Santiago de Compostela para estudar Filosofía e Letras e incorpórase ao grupo de galeguistas liderado por Ramón Piñeiro.

Ver máis