Conferencia sobre María Victoria Moreno no CEG de Estremadura

08/05/2018 Volver

Na próxima quinta feira, 10 de maio, celebrarase no Centro de Estudos Galegos da Universidad de Extremadura o Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea unha escritora nacida en Estremadura, María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara, 1939 - Pontevedra, 2005).

Alén da exposición que se exhibirá na entrada da Facultad de Filosofía y Letras, contaremos coa profesora e escritora Malores Villanueva, que nos ofrecerá a conferencia "María Victora Moreno, a escritora estremeña que soñou en galego". Ás 11:00 horas no salón de actos da facultade.

"Se estou coa xente que amasa o meu pan e mais colle no mar os peixes da miña mesa, tamén quero falar con eles, falar a súa fala" (María Victoria Moreno Márquez)