Obradoiro de tradución poética en Oxford
15/05/2018 VolverCon motivo do Día das Letras Galegas, o Centro de Estudos Galegos John Rutherford de Oxford celebra un obradoiro de tradución poética que correrá a cargo do profesor Rutherford.
O título do obradoiro, indicativo dos contidos que se traballarán na dita actividade, é "Traducindo sonetos: Petrarca e Darío Xohán Cabana".
Data:17 de maio
Hora: 10:00 h.
Lugar: Centre for Galician Studies - The Queen’s College, Back Quad 5/6A