Con motivo das Letras Galegas, pero tamén como homenaxe á recentemente falecida Luz Pozo Garza, o Centro de Estudos Galegos de Zadar creou para o seu estudantado un cuarto de fuxida virtual coa temática da muller na literatura galega. Agora compárteo co profesorado e alumnado galego e mais con todas as persoas interesadas.
Cómpre ler atentamente os textos e traballar con toda a información que está contida nas páxinas e coa que cadaquén poida obter na Internet para conseguir o contrasinal e parar o cronómetro, Se non, a protagonista non poderá saír do seu cuarto.
Recoméndase facer a actividade nun ordenador ou nunha tableta, e non nun teléfono móbil.
Lugar: Na rede
Día: Ata final de maio
Hora: 8 a 23 horas