Para celebrar o Día das Letras Galegas 2022, no Centro de Estudos Galegos da UPV/EHU contaremos coa presenza de dous valdeorreses, a profesora Débora Álvarez Moldes e o actor Paco Campos.
Débora Álvarez Moldes, directora do proxecto "As letras de Florencio", ofreceranos unha conferencia arredor da figura homenaxeada este ano, Florencio Delgado Gurriarán, e do proceso que levou á proposta da súa candidatura para a homenaxe.
Paco Campos recitará unha serie de poemas de Florencio Delgado Gurriarán. Será un breve pero intenso percorrido por algúns dos versos máis representativos do autor, que serán complementados e potenciados cun soporte audiovisual elaborado polo director tamén valdeorrés, Domingo D. Docampo, autor de O castiñeiro morto, unha curtametraxe de homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, que será proxectada previamente ao recital.
A actividade terá lugar o 8 de abril ás 11h na Facultade de Letras.