Retrato de Florencio Gurriagán bordado sobre talagarza

06/09/2022 Volver

Elaborado por Maria A. Almeida, alumna do CEG de São Paulo.

Desde o Centro de Estudos Galegos de São Paulo infórmannos desta fermosa homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas 2022. Un traballo de tapizaría artística repleto de detalles para lembrar o autor.

Maria A. Almeida Melo, alumna do CEG de São Paulo, é escritora, editora e artesá profesional. Recentemente comezou un proxecto para unir a arte da tapizaría/bordado coa literatura. Para a realización da tea foron usados agulla de tapizaría, telagarza, fíos de la e liño.