Letras Galegas na Universidade de Leipzig

10/05/2023 Volver

Esta semana comezan as celebracións das Letras Galegas na Universidade de Leipzig e a próxima semana celebrarase o día 17 de maio cunha convidada especial: a poeta e tradutora galega Tamara Andrés.

O xoves 11 a partir das 17:15 horas, a lectora da Universidade de Leipzig ofrecerá unha conferencia sobre as Letras Galegas e a súa importancia na lingua e cultura galegas na Mock-Konferenz organizada polo IALT. Esta conferencia farase en galego e será interpretada a alemán, inglés, francés, castelán, etc.

O mércores 17 de maio, a partir das 10:00 horas, terá lugar unha presentación especial sobre a vida e obra de Francisco Fernández del Riego, e a partir das 11:15 horas celebrase un obradoiro de tradución poética ao que están convidados/as todos/as os/as alumnos/as da universidade, así como de fóra a través desta ligazón.