Actividade do CEG de Madrid. Conferencia a cargo da crítica literaria e profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Dolores Vilavedra; e o catedrático e vicesecretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo. Na xornada, achegarannos á figura do homenaxeado este ano, Francisco Fernández del Riego, un emblema fundamental para entender a situación de Galicia e o galego a día de hoxe.
No acto, ademais, presentaranse os últimos números da revista Madrygal e leranse algúns fragmentos de creación incluídos nel.
Será o venres 19 de maio, ás 19:30 horas, no Ateneo de Madrid (sala Pérez Galdós).