Volver

Exposición, carteis e cuestionario Carlos Casares

Centro: Seminario Galán
Curso: 2016 - 2017
  • Exposición, carteis e cuestionario Carlos Casares

    Exposición, carteis e cuestionario Carlos Casares

O Seminario Galán comparte con todos os centros educativos este novo traballo sobre as Letras Galegas: 20 carteis que resumen os momentos máis salientables da biografía de Carlos Casares e un repaso por algunhas das obras máis coñecidas entre o alumnado máis novo: Toribio e o contador de contos, O can Rin e o lobo Crispín e A galiña azul. Este material compleméntase cun cuestionario de actividades dirixido a distintos cursos de primaria.
Ademais, xa tedes á vosa disposición, entre outros recursos, varias guías didácticas para todos os cursos de infantil e primaria, un marcapáxinas e un diptico sobre a vida e obra do escritor ourensán.