Volver

Xornada do Día das Letras Galegas. Xela Arias

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), organiza a VII Xornada do Día das Letras Galegas, que terá como protagonista a autora homenaxeada este ano pola RAG, Xela Arias.

As sesións formativas desenvolveranse de maneira virtual nas tardes do 22 e 29 de abril e mais do 5 e 13 de maio.

A través tanto de conferencias como de experiencias de traballo de equipos de dinamización da lingua galega de diversos centros educativos, a xornada tratará de achegarlle a figura de Xela Arias ao profesorado encargado de divulgar a súa obra entre o resto da comunidade educativa. Alén diso, favorecerase o intercambio de materiais, recursos e experiencias creados e desenvolvidos polos equipos de dinamización da lingua galega. O profesorado interesado en participar pode inscribirse en: https://www.edu.xunta.es/fprofe/ ata o 21 de abril de 2021.