Volver

Telexornal Letras Galegas 2021

Centro: CPI Dos Dices, Rois (A Coruña)
Curso: 2020/2021

Nesta nova edición do Telexornal das Letras Galegas, o alumnado do CPI dos Dices de Rois achéganos á figura e ao legado persoal e literario de Xela Arias Castaño a través de entrevistas a estudosas e estudosos da obra da autora. Manuel Bragado, Ana Romaní, Chus Nogueira, Montse Penas, Emma Pedreira, Yolanda Castaño ou Fran Alonso axudarannos a coñecer mellor a escritora, tradutora e activista, e a afondar nos seus libros máis senlleiros: Denuncia do equilibrio, Darío a diario, Tigres coma cabalos ou Intempériome.