Volver

Festa da Lingua 2021

Centro: Escolas Católicas, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2020/2021

Ante a imposibilidade de celebrar a Festa da Lingua con actos conxuntos entre os distintos centros que integran Escolas Católicas, o Departamento de Innovación Pedagóxica desta institución convida o profesorado e o alumnado de todos os niveis educativos a participar virtualmente nas súas propostas sobre Xela Arias (certame de fotografía e poesía, Fotoletras 2021, unidade didáctica, podcasts con entrevistas etc.). Alén destas actividades sobre a autora homenaxeada o Día das Letras Galegas, tamén haberá charlas, obradoiros, visitas en liña, teatro, música...