Volver

Minilibro de Xela Arias

Centro: CEIP Xesús San Luís Romero, Carballo (A Coruña)
Curso: 2020/2021

O EDLG do CEIP Xesús San Luís Romero sintetizou os aspectos máis significativos do percorrido vital e literario de Xela Arias Castaño neste práctico minilibro, sen dúbida un formato moi axeitado para o alumnado de primaria. Ademais deste recurso, o marcador e o marcapáxinas dedicado á autora tamén servirán para divulgar a súa figura entre a comunidade educativa deste centro carballés.