Volver

III Premios de podcasts en galego Xosé Mosquera Pérez "O vello dos contos"

O IES Rosalía de Castro e Arraianos Producións, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e doutras entidades, convocan os III Premios de Podcasts en galego Xosé Mosquera Pérez “O vello dos contos”.

O xurado do III Certame Escolar Internacional de Podcasts Xosé Mosquera Pérez, “O vello dos contos”, reuniuse virtualmente para valorar os 65 podcasts enviados polos 32 centros educativos que se presentaron ao certame e acordou por unanimidade, en concordancia coas bases do concurso, declarar finalistas os seguintes traballos en cadansúa categoría:

Categoría de educación primaria:

Podcast gañador

  • Mestre Manuel García. “Vibrando con Xela”.

Finalistas

  • Mestre Valverde Mayo. "Lembranzas no café de Sarria".
  • CPI Plurilingüe José García. “A desorde de Xela”.
  • CEIP Santo Tomé: "As que viaxan co tempo".
  • CEIP Xoaquín Loriga: “Festa da palabra”.
  • CEIP Raíña Fabiola: “Nai”.
  • CEIP O Coto. "A fala".

Categoría de educación secundaria:

Podcast gañador

  • IES Fontexería: “Xela nas ondas”.

Finalistas

  • IES A Basella: “Xela Arias”.
  • CPI Virxe da Saleta, “Sweet Xela”.
  • IES A Sangriña: “Sinxelamente Xela”.
  • IES de Arzúa: “Reinterpretando a Xela”.
  • IES Eduardo Pondal: “Escoitando a Sara”.
  • IES Pedras Rubias, "Falámosvos a vós, NAIS. E a ti, XELA."

O xurado tamén decidiu por unanimidade outorgarlle un premio especial ao podcast titulado “Xela”, realizado polo alumnado do CEE Saladino Cortizo de Vigo.

Logo de destacar a alta participación no certame e o extraordinario nivel dos traballos realizados, o xurado acordou convidar os centros finalistas ao acto de entrega de premios que se vai realizar o vindeiro venres, 11 de xuño, ás 12.30 horas, no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela e a todos os participantes a visitar o web do certame www.ovellodoscontos.gal, onde se publicarán os traballos finalistas desta edición.