Volver

Magosto 8

Centro: CEIP J. Fernández Latorre, CEIP Luís Seoane, CEIP Plurilingüe de Carnota, CEIP Plurilingüe Manuel Murguía, CEIP Plurilingüe O Mosteirón, CEIP Ramón de la Sagra, CEIP Otero Pedrayo, CEIP Salgado Torres (A Coruña) e CPR San Pío X (Ourense)
Curso: 2021-2022

Un ano máis, o profesorado participante neste traballo pon á disposición de toda a comunidade educativa as súas actividades didácticas sobre o Magosto. Este curso, alén de textos escollidos, pasatempos (sopa de letras, encrucillados, quebracabezas...) sobre a celebración e marcapáxinas para que os máis pequenos poidan recortar e colorear. Tamén se inclúe "Andan os paxaros... ", un poema de Florencio M. Delgado Gurriarán, o autor que será homenaxeado o Día das Letras Galegas 2022.