Volver

Vente, ventiño

Centro: IES Virxe do Mar, Noia (A Coruña)
Curso: 2021-2022

Canción orixinal baseada en textos de Florencio Delgado Gurriarán, realizada por alumnado do ciclo medio de Vídeo DJ e Son do IES Virxe do Mar de Noia.

A peza enmárcase dentro dun proxecto orixinal dos módulos do ciclo de Animación Musical en Vivo e Control, Edición e Mestura de Son no que se musican diversos poemas do autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2022: "Levan a Cristo por fóra", "Paisaxes, paisaxes de inverno", "Vente, ventiño do norte", "Resposta a Rosalía", "Ruada" e "Arelas".