Volver

Festa da Lingua virtual 2022

Centro: Escolas Católicas, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2021-2022

O Departamento de Innovación Pedagóxica de Escola Católicas convida o profesorado e o alumnado de todos os niveis educativos a participar virtualmente nas súas propostas sobre Florencio Delgado Gurriarán. Entre outras actuacións, destacan o concurso Ipanema das Letras (publicación dixital sobre o autor) e o certame En Galegas (podcasts con entrevistas a mulleres escritoras, tradutoras, cantantes…).