Volver

Del Riego nas ondas. Radio escolar e intelixencia artificial

Centro: CEIP Plurilingüe A Ramallosa, Teo (A Coruña)
Curso: 2022-2023

Iniciativa encadrada dentro das actividades promovidas polo EDLG do CEIP Plurilingüe A Ramallosa de Teo para participar no "V Certame de Podcasts Xosé Mosquera Pérez".

A actividade móstranos a aplicación pedagóxica que poden ter dúas ferramentas didácticas en auxe nos últimos tempos: a radio escolar e a intelixencia artificial, nesta ocasión a través dunha entrevista a Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas.