Volver

LETRAS GALEGAS 2011

Audiovisual Lois Pereiro

O EDLG do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto aproxímase con este audiovisual á figura de Lois Pereiro da man dalgunhas persoas que tiveron relación con el, achegando puntos de vista cheos de sentimento e recoñecemento. Non se trata dunha biografía nin dun estudo da súa obra en clave academicista senón dunha testemuña desde o coñecemento profundo da persoa por unha parte, e como inspiración artística, musical e fotográfica, por outra.