Volver

LETRAS GALEGAS 2013. ACTIVIDADES DINAMIZADORAS

Bolañesas

Centro: Escola de Imaxe e Son, A Coruña

Un espectáculo interpretado polo alumnado da Escola de Imaxe e Son da Coruña en homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, a voz do teatro galego moderno. A partir de fragmentos de varias das súas obras, empréndese unha viaxe a través do seu universo irónico, acedo e versátil sobre a condición humana e a denuncia social, nestes tempos de crise.