Volver

XOSE MARÍA DÍAZ CASTRO

Recursos xerais

  • Unidades didácticas de Armando Requeixo para ESO e Bacharelato. Unha aproximación integral ao texto literario de Díaz Castro cunha análise do poemario dende distintos ángulos e niveis.
  • Letras galegas 2014. Blog que a Biblioteca Universitaria de Santiago dedica a Xosé María Díaz Castro. Unha completa información biográfica, noticias, enlaces e a bibliografía existentes na BUSC deste autor.
  • Criticalia. Blog do crítico e estudoso da obra de Díaz Castro, Armando Requeixo. Nel atopamos múltiples referencias e recensións da obra do autor homenaxeado neste ano.
  • Díaz Castro “… a beleza feriume para sempre”. Páxina monográfica onde se inclúe unha biografía do autor, galería fotográfica así como un achegamento á súa obra mediante textos orixinais.
  • Díaz Castro no Diario Cultural. A edición do día 2 de xaneiro de 2014 deste espazo de información cultural da Radio Galega estivo dedicada integramente a Díaz Castro.
  • Proxecto Nimbos. Nesta páxina están dispoñibles pezas audiovisuais realizadas por varios directores de cine galegos e foráneos sobre textos de Nimbos.
  • O instante eterno. Presentación do documental sobre a vida do escritor Díaz Castro. Proxecto de Fin de Carreira de José Antonio Cascudo, Jessica Rey e Alba Domínguez.
  • Xosé María Díaz Castro, versos guitiricenses. Banda deseñada, unha forma sinxela e lúdica de achegarse á vida e obra deste autor. Pódese descargar en formato pdf.
  • Nimbos e Esmeralda. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Televisión de Galicia contribúen á difusión pública da obra de Xosé María Díaz Castro con dúas pezas audiovisuais realizadas a partir dos versos do escritor.