Volver

XOSE MARÍA DÍAZ CASTRO

Documental Xosé María Díaz: Nimbos de poesía

  • Imaxes cedidas por Luís González Tosar

    Imaxes cedidas por Luís González Tosar

Esta peza audiovisual, dirixida por Xulio Xiz, é unha viaxe pola vida e a obra de Xosé María Díaz Castro que ten o valor engadido de facerse da man do propio poeta, co que visitamos os lugares onde transcorreron a súa infancia e mocidade e onde el mesmo nos recita os seus textos máis significativos. Nese percorrido vital e literario, Díaz Castro detense a sinalar as persoas e acontecementos que incidiron na súa escolla do galego como lingua de expresión poética. No documental tamén se fai referencia ao feito de que Díaz Castro chegase a dominar case todas as linguas de Europa, feito que pode poñerse en paralelo con esa escolla do idioma da súa infancia para a súa produción literaria máis significativa. Gravado no ano 1987, o filme foi remasterizado para celebrar o Día das Letras Galegas 2014, dedicado ao poeta de Guitiriz.