LETRAS GALEGAS 2015
Documental Contextualizando a Filgueira Valverde
Contextualizando a Filgueira Valverde é un documental de Gonzalo Veloso sobre o escritor, historiador e profesor a quen se lle dedica en 2015 o Día das Letras Galegas. Interveñen membros da familia, historiadores, investigadores e mebros da Real Academia Galega, entre outros, que van dando a súa visión sobre diferentes aspectos da vida e da obra de Filgueira, dende os máis persoais e familiares ata os máis sociais e políticos, pasando pola valoración da súa produción literaria. Durante unha hora, dialogan sobre o vello profesor Carlos Reigosa, Xesús Alonso Montero, Francisco Fernández Rei, Xusto Beramendi, Daniel Lanero, Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Míguez, Andrés Rodríguez Almansa, Víctor Freixanes, Ramón Villares, Inma López Silva, Henrique Monteagudo, Pegerto Saavedra, Carlos Valle, Francisco Díaz-Fierros, Xosé R. Fandiño, Anton Lópo, Luis Cochón, Amaia Bóveda, Valentín G. Bóveda, Xavier Fortes, Xosé Fortes e fillos e fillas de Filgueira Valverde.