LETRAS GALEGAS 2016
Exposición gañadora do Concurso-Exposición para educación infantil e primaria
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, co fin de difundir a figura e o legado de Manuel María entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario, pon á disposición dos centros escolares os carteis e a guía didáctica da exposición gañadora destinada aos centros de educación infantil e primaria, a do CEIP Afonso Daniel Rodríguez Castelao de Rianxo (A Coruña).
Esta exposición fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e pola obra do autor a quen lle renderemos homenaxe o próximo 17 de maio.