II Xornada do Día das Letras Galegas. Manuel María
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) xunto co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) organizan a II Xornada do Día das Letras Galegas que terá como protagonista o autor homenaxeado este ano pola RAG, Manuel María. As sesións formativas desenvolveranse o día 7 de maio en horario de mañá e tarde na Fundación Manuel María.
O obxectivo fundamental desta iniciativa é achegar a figura de Manuel María a toda comunidade educativa así como propiciar o intercambio entre os/as docentes de materias, recursos e experiencias levadas a cabo polos equipos de dinamización da lingua galega.
Podedes inscribirvos ata o 6 de maio en fprofe co código G1502021.