LETRAS GALEGAS 2016
V Festival Arte pola Igualdade
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora un ano máis co CEE María Mariño e no CMUS Profesional na organización deste festival co que estes centros conmemoran as Letras Galegas 2016 para renderlle tributo ao autor homenaxeado, Manuel María, e demostrar que a discapacidade física e/ou psíquica non son impedimento ningún para desenvolver o talento, a creatividade e a sensibilidade artística en lingua galega.
Data: luns, 30 de maio, ás 19.00 h
Lugar: Teatro Colón da Coruña