Volver

Homenaxe a Carballo Calero dende a diáspora

O Festival Internacional Kerouac Poesía e Performance, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza este encontro dixital a través da plataforma Zoom que será retransmitido por Facebook e Youtube Live. Con el convídase a​ artistas galegos e representantes do mundo da cultura en Estados Unidos a sumarse á celebración do Dia das Letras Galegas.

Nove artistas, entre poetas, músicos e xestores culturais, danse a man nunha aperta trasantlantica que une os creadores da diáspora norteamericana cos da escena galega nun intercambio artístico e cultural co poeta Carballo Calero como eixo central. Así, a figura deste literato humanista convértese en vehículo para o intercambio de obra e de experiencia nunha homenaxe que se estende de Galicia para o mundo, mostrando as distintas formas creativas que a nosa lingua e os nosos creadores poden adoptar mais ala das nosas fronteiras.

Desde Galicia participarán no evento Francisco Fernández Naval, Fátima Delgado, Malvares Moscoso e Francisco Castro. Desde Nova York chegarannos as voces de Isabel Pérez Dobarro, María Medín Doce, Manuel Mayo e Yago Vázquez. Presentará Marcos de la Fuente.