Volver

Cápsulas solidarias 'Xa abriu o día'

O evento Cápsulas Solidarias ‘Xa abriu o día’. Letras Galegas no Ano Carvalho Calero é unha iniciativa promovida polo Espazo Universitario LiberQuaré, Familias Mundi e a Fundación polo Desenvolvemento Humano e Social de Galicia (FUNDHESGA) co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Consiste na emisión de seis vídeos de 15 minutos de duración nos que se convida á lectura de obras literarias galegas e se divulga o coñecemento da figura de Ricardo Carvalho Calero, autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galega.

As emisións levaranse a cabo entre o 11 e o 16 de maio, en horario de 12:30 a 12:45 horas, a través da páxina de Facebook do Espazo Universitario LiberQuaré.