Volver

Conversas sobre Ricardo Carvalho Calero

Serie de 11 vídeos elaborados por Acuarela Comunicación coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

 

 

 

 

 

Charo Baleirón e autoras - Conversas sobre Ricardo Carvalho Calero

Charo Baleirón Sóñora, Marta Domínguez Tenreiro, Belén Rodríguez Suárez e Laura Rodríguez son as autoras e a editora do libro didáctico De Carballo Calero a Carvalho Calero, editado por Hércules Ediciones.

María Pilar García Negro

María Pilar García Negro, profesora e autora do libro Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación, repasa a súa relación académica e persoal con Carvalho Calero desde a súa condición de discípula. Breve e intenso relato sobre a poliédrica personalidade do intelectual e político homenaxeado o 17 de maio de 2020.

Henrique da Costa

Henrique da Costa, profesor e autor de Carvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético, cóntanos as motivacións que tivo para escribir este libro biográfico sobre o intelectual ferrolán homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020.

Héitor Mera Herbello

Héitor Mera Herbello, profesor e autor de diversos libros, salienta a personalidade polifacética de Carvalho Calero e moi especialmente a súa condición de poeta e mestre. Entre a súa obra, Héitor Mera subliña os textos teatrais e o uso didáctico e pedagóxico que fixo deles no Colexio Fingoi, de Lugo.

Xavier Castro

Xavier Castro, historiador e autor do libro de referencia O galeguismo na encrucillada republicana, repasa os vencellos e achegas de Ricardo Carvalho Calero ao movemento intelectual e político do galeguismo: a revista Nós, o Seminario de Estudos Galegos, o Partido Galeguista, a guerra civil e a cadea, a relación con Ramón Piñeiro e a creación da Editorial Galaxia. Xavier Castro describe, ao final do seu relato, algunhas características persoais do autor homenaxeado.

Xosé María Dobarro

Xosé María Dobarro, profesor e autor de diversas obras, describe, desde a súa perspectiva de alumno e discípulo de Carvalho Calero na Universidade de Santiago de Compostela, a rigorosidade intelectual e a humildade persoal do seu profesor. Dobarro valora o conxunto da súa obra. Salienta Reticências... (1986-1989), e moi especialmente a Historia da literatura galega contemporánea.

Valentín García Gómez

Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, salienta a traxectoria intelectual, académica e política do Ricardo Carvalho Calero como un protagonista fundamental da historia galega do século XX. Fálanos, tamén, sobre as iniciativas que se promoverán, durante o mes de maio, para a conmemoración das Letras Galegas.

Rafael Fernández Lorenzo

Rafael Fernández Lorenzo é autor do libro Abecedario de Ricardo Carvalho Calero, publicado por Rinoceronte Editora. Na conversa describe a particular estrutura do libro sobre a biografía do autor ferrolán que, ao ser ver, provoca a curiosidade do lector ou lectora.

Henrique Rabuñal

Henrique Rabuñal, profesor e autor do libro Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra, describe as motivacións intelectuais e íntimas que fundamentan a escritura deste libro editado por Galaxia. Salienta, tamén, a súa admiración polo autor homenaxeado nas Letras Galegas 2020 e súa condición de discípulo.

Carmen Penim

Carmen Penim, coautora e cantante en Sons de Nós, salienta a poética xuvenil de Carvalho Calero na Revista Nós e, á par, tributa homenaxe ao Centenario da Xeración Nós cunha exposición gráfica e a interpretación musical do poema "Deus", do autor homenaxeado.

Carlos Brandeiro

Carlos Brandeiro, director xeral do Colexio Santiago Apóstol de Buenos Aires, cóntanos como festexarán o Día das Letras Galegas 2020 no contexto da corentena provocada pola pandemia da Covid-19. A innovación, creatividade e compromiso do profesorado e alumnado sorprenderán novamente.