Volver

Cantando a Carvalho Calero

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publica este proxecto arredor da figura de Ricardo Carvalho Calero elaborado polo profesor José Luís Fernández Carnicero.

Está principalmente pensado para o uso educativo nas áreas de Educación musical e de Lingua galega e literatura, tanto de primaria e secundaria. Os especialistas en educación musical traballarán a obra de Carvalho Calero co formato dunha cantiga próxima ao noso folclore no contexto escolar, e os profesorado de lingua galega logrará dar a coñecer o tesouro da poesía de Calero entre o alumnado.

O título do libro podería ser substituído pola suma 13 + 3, xa que é o resultado da orixinalidade de 13 temas e a adaptación ao texto doutras 3 melodías xa existentes noutro contexto. As cantigas están interpretadas polo grupo musical Agualevada. Este grupo iniciou o seu andar polo mundo da música en 2019, xusto cando se coñeceu que Calero sería o homenaxeado nas Letras Galegas, e está formado por dous profesores, Xico Paradelo, responsable das voces, e o autor do libro, compositor musical e pianista cunha influencia galega que combina coa himnoloxía propia de países europeos.