Volver

Unha palabra para Xela Arias

No marco da programación institucional Letras Galegas 2021 a Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha a segunda edición do espazo audiovisual Unha palabra para..., en colaboración con Arraianos Producións e coas persoas participantes, co obxectivo de celebrar as Letras Galegas 2021 e de divulgar a vida a figura e a obra da autora homenaxeada, Xela Arias Castaño.

Unha palabra para Xela conta coa participación de académicos e académicas da lingua galega, familiares, amigos e amigos e tamén doutras persoas que tiveron relación coa autora. Cada un deles, elixe en cadansúa peza audiovisual unha palabra que destaca a calidade que, na súa opinión, mellor define a homenaxeada ou retrata un trazo persoal, faceta ou obra da autora que valora especialmente.

Así, nena, inconforme, transgresión, editora, intempestiva, independencia, alegría, exploradora, vangarda, magnética ou mestra son algúns dos termos que irán debuxando ao longo de 31 pilulas audiovisuais -unha por día ao longo do mes das Letras- un retrato colectivo, canda lecturas de fragmentos de poemas e textos da autoría da propia homenaxeada para conformar un retrato sinxelo e plural da autora arredor do 17 de maio.

Baixo o cancelo #unhapalabraparaXelaArias estas pílulas espallaranse diariamente neste portal e tamén nas redes sociais.

Margarita Ledo

Chus Nogueira

 

Rosario Álvarez