Volver

O Dezasete

Previa do festival Festiletras, que a Fundación Eduardo Pondal, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade , prepara para os días 14, 15, 16 e 17 de maio como parte da programación das Letras Galegas 2022.

As actividades comezarán o sábado 14, cun itinerario en bus que nos levará ás terras de MUXÍA con innumerables pegadas na poesía de Pondal. Haberá despois contacontos e pola noite un espectáculo de narración oral. O domingo 15 celebrarase unha ofrenda floral previa á festa rachada. O luns 16 é a quenda do teatro e o martes 17, entre outros, inclúe un recital poético e unha actuación musical.