Volver

Xornada do Día das Letras Galegas. Florencio Delgado Gurriarán

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), organiza a VIII Xornada do Día das Letras Galegas, que terá como protagonista o autor homenaxeado este ano pola RAG, Florencio Delgado Gurriarán.

As sesións formativas desenvolveranse de maneira virtual nas tardes do 3, 4, 5 e 11 de maio.

A xornada tratará de achegarlle a figura de Florencio Delgado Gurriarán ao profesorado encargado de divulgar a súa obra entre o resto da comunidade educativa, a través de conferencias de especialistas e mais das experiencias de traballo dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) de diversos centros educativos. Alén diso, favorecerase o intercambio de materiais e recursos creados polos EDLG.

O profesorado interesado en participar pode inscribirse nesta ligazón ata o 2 de maio de 2022.