Volver

FALAREDES 2022

Tras os vieiros de Florencio

  • Tras os vieiros de Florencio. Detalle do cartel

    Tras os vieiros de Florencio. Detalle do cartel

FalaRedes 2022 ábrese cunha peza teatral da compañía Fantoches Baj que mostra a traxectoria, a obra e mais a poética do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán.

Este espectáculo de teatro de obxectos dirixido preferentemente a público adolescente e adulto parte dun documento excepcional sobre a vida do poeta valdeorrés, que é a longa entrevista que el lle concedeu a Dolores Pla en Agosto de 1979 na súa casa de Guadalaxara (México) para o Archivo de la Palabra. Os textos desta entrevista mestúranse en Tras os vieiros de Florencio cos poemas do autor, os cales xiran arredor de tres eixes: poesía galeguista, poesía festiva e paisaxística e poesía intimista.

No espectáculo ten moita importancia a banda sonora, creada a partir de temas tradicionais que gravou o guitarrista Antonio Bravo, especialista no Cancionero gallego de Bal y Gay.

SINOPSE

Na década dos 60, logo duns días exercendo de visitador farmacéutico pola contorna de Guadalaxara, Florencio D. Gurriarán chega á casa canso, cheo de sede e cargado co seu maletín. Ante a presenza inesperada dos espectadores describe o seu día a día de axente comercial pola rexión. Pouco a pouco, axudándose dos elementos que leva no maletín e embargado pola saudade, van aflorando as lembranzas do seu Córgomo natal, a guerra, a chegada ao seu país de acollida e algúns momentos festivos.

Tras os Vieiros de Florencio estará en abril e maio na Mancomunidade de Ordes e en 8 concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Burela, Vilalba, O Carballiño, Xinzo de Limia, O Barco de Valdeorras, A Estrada, Sanxenxo e Lalín.

 

       Axenda de FalaRedes 2022. Tras os Vieiros de Florencio
Data e hora Lugar Concello Provincia
17 de abril, ás 18h Auditorio MunicipalVilalba  Lugo
23 de abril, 21:30h Auditorio Emilia Pardo BazánSanxenxo Pontevedra
6 de maio, ás 20.30h Salón TeatroLalínPontevedra
7 de maio, ás 20h Museo do Traxe de OrdesOrdes (Coa colaboración da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes) A Coruña
8 de maio, 20h Auditorio Manuel MaríaO CarballiñoOurense
15 de maio, 19h Casa da CulturaBurelaLugo
16 de maio, 19h TeatroA EstradaPontevedra
17 de maio, 20hTeatro Lauro OlmoO Barco de ValdeorrasOurense
21 de maio, 20:00 hCasa da CulturaXinzo de LimiaOurense