Volver

VIII Festival Arte pola Igualdade nas Letras Galegas

Centro: CEIP Eusebio da Guarda, CEE N.ª Sra. do Rosario, CEE María Mariño, CMUS Profesional da Coruña (A Coruña), coa colaboración do CIFP Imaxe e Son, o CIFP Someso, o CIFP Ánxel Casal- Monte Alto e o IES Leixa
Curso: 2018-2019

As consellerías de Cultura e Turismo e de Educación, Universidade e Formación Profesional, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Xefatura Territorial de Educación, Universidade e Formación Profesional da Coruña súmase, un curso máis, á celebración dos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas organizando o VIII Festival Arte pola Igualdade 2019.

O espectáculo, ademais de homenaxear a figura de Antonio Fraguas Fraguas, pretende fomentar o traballo colaborativo, a integración do alumnado con necesidades educativas especiais e demostrar que a discapacidade física, psíquica ou sensorial non é impedimento para desenvolver a creatividade e sensibilidade artística.

Para a ocasión elaboraron versións en lingua de signos, con pictogramas e como audioconto d'O Casamento da Pulga recollido por Antonio Fraguas Fraguas, aos que se pode acceder desde o díptico que figura nos documentos relacionados.

Lugar: A Coruña. Teatro Colón

Día: 9 de maio

Hora: 19:00 horas