Volver

LETRAS GALEGAS 2018

As miñas primeiras Letras Galegas: María Victoria Moreno

  • María Victoria Moreno. Mar adiante

    María Victoria Moreno. Mar adiante

Vídeo

Os populares personaxes creados por Pepe Carreiro cóntannos unha historia adicada a María Victoria Moreno. A peza baséase no primeiro libro que publicou a autora, Mar adiante (1973).

As miñas primeiras Letras Galegas

A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon a disposición do público infantil esta serie audiovisual dos Bolechas, baseada na colección de libros do mesmo título, sobre a vida e a obra dos principais autores galegos homenaxeados no Día das Letras Galegas.

Xa están dispoñibles 7 dos 12 capítulos de que se comporá a serie: os dedicados a Ánxel Fole, Carlos Casares, Álvaro Cunqueiro, Manuel Murguía, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro e María Victoria Moreno. Pouco a pouco, iranse sumando a esta lista os capítulos dedicados a Ramón Otero Pedrayo, Luis Seoane, Uxío Novoneyra, Eduardo Blanco Amor e Roberto Vidal Bolaño.

De 8 minutos de duración e dirixidos a nenos de 8 a 9 anos, estes capítulos van máis alá da tradicional historia dos Bolechas para alcanzar a difusión da cultura e da literatura galegas, integrando relatos de autores galegos de renome.

Todos os vídeos