- Portada
- O galego...
- Coñecelo
- Día das Letras Galegas
Día das Letras Galegas
Valentín Paz Andrade
Valentín Paz-Andrade nace o 23 de abril de 1898 en Lérez (Pontevedra) e morre en Vigo, o 19 de maio de 1989. Home de profundas conviccións galeguistas espallou o seu pensamento nos ámbitos da avogacía, da empresa, do xornalismo, da política e da literatura.
2011 - Lois Pereiro
Nacido o 16 de febreiro de 1958 en Monforte de Lemos, Lois Pereiro foi un dos referentes da poesía galega contemporánea. En 1975, con 17 anos, marchou a Madrid continuar os seus estudos e alí fundará a revista Loia, xunto con Xosé Manuel Pereiro, Antón Patiño e Manuel Rivas. Nesta publicación verán a luz os seus primeiros versos, algúns dos cales serán recollidos posteriormente en Poemas para unha loia (1996).
Uxío Novoneyra
Nacido en Folgoso do Courel en 1930, foi un dos referentes da poesía galega contemporánea. Morreu en Santiago de Compostela cando apenas entrara na ancianidade, o 30 de outubro de 1999, e foi enterrado en Lugo, no cemiterio. A bibliografía de Novoneyra é moi complexa, e algúns dos seus poemas máis célebres foron publicados en revistas ou panfletos moito antes de seren recollidos en libro. Unha das obras que podemos destacar é Os Eidos, con poemas escritos entr e1952 e 1953.
Ramón Piñeiro
Este ano, a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas a Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Santiago de Compostela, 1990), intelectual e político galeguista.
X. Mª Álvarez Blázquez
Este ano, a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas a Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 5/02/1915 - Vigo, 2/03/1985), escritor, arqueólogo, investigador e editor galeguista.
María Mariño
No 2007, o Día das Letras Galegas estivo dedicado a María Mariño. A poeta, nacida en Noia no ano 1918, viviu máis tarde no Courel, onde faleceu enferma de leucemia en 1967.
Manuel Lugrís Freire
O Día das Letras de 2006 estivo dedicado a Manuel Lugrís Freire a quen Antón Villar Ponte cualificou a Manuel Lugrís como o "benxamín dos Precursores" e, certamente, un dos seus trazos máis definidores foi o de servir de ponte entre os dirixentes máis veteranos do rexionalismo e as máis novas xeracións do nacionalismo que se habían de convocar ao redor do Seminario de Estudos Galegos.
Lorenzo Varela
A produción literaria de Varela no exilio non chegou nos máis dos casos a Galicia. Deste xeito, o poeta adscrito á Xeración de 1936, non viu recoñecido en vida o seu labor, o que o levaría a pasar os seus últimos anos en Madrid.
Xaquín Lorenzo Fernández
Etnógrafo e historiador, Xaquín Lorenzo Xocas desenvolveu numerosos estudos que contrubuíron á recuperación do folclore e a prehistoria de Galicia. O seu traballo foi recoñecido con galardóns como o Premio Otero Pedrayo -1982- e a Medalla Castelao -1984-.
Avilés de Taramancos
A poesía de Avilés de Taramancos plasmou toda a exuberancia da natureza tropical. O autor deixounos, asemade, unha das reinterpretacións máis salientables do mito de Ulises, co que chegaría a identificarse na súa última obra.