Volver

AULA DE GALEGO. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 2. Eu son así

Escriba no encerado as seguintes frases: É morena. Ten os ollos negros. Leva o pelo longo.

Pídalles aos seus estudantes que se fixen na foto da portada da unidade e que, en parellas, decidan cal das tres frases é verdadeira (a última). Se é preciso, pódelles suxerir que empreguen o dicionario para que entendan o título da unidade.

Logo, pregúntelles se pensan que esa frase se pode empregar para falar do físico ou tamén do carácter. Acepte as dúas opcións, pero aclare que esa expresión se usa principalmente para falar dalgún trazo ou peculiaridade do carácter dunha persoa.

A continuación, presente brevemente os obxectivos da unidade e a tarefa final: presentar os compañeiros e compañeiros da clase.