Volver

AULA DE GALEGO. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 4. Día a día

Móstrelles aos seus estudantes a imaxe da portada e pregúntelles onde se atopa a muller

Acepte respostas como na rúa ou fóra da casa. Interésese a continuación por saber para que saen os seus alumnos e alumnas da casa normalmente e tome nota no encerado do que lle digan (para ir a clase, para facer a compra...).

Chame despois a atención dos seus estudantes sobre o que leva a muller (un paraugas e un bolso). Aproveite para comentar se coñecen o tópico de que en Galicia chove moito e pregúntelles a continuación que obxectos ou complementos adoitan levar eles cando saen á rúa.

Por último, presente os obxectivos da unidade e a tarefa final: coñecer os hábitos dos compañeiros e compañeiras da clase.