AULA DE GALEGO. LIBRO DO PROFESORADO
Unidade 12. Unha vida de película
Remita os seus estudantes á páxina 97. Lea en voz alta o título da unidade e pregúntelles: Cando dicimos isto?
Escoite as súas respostas e despois chame a súa atención sobre a fotografía da portadiña. Pídalles que digan en que contexto se tomou a imaxe (nunha rodaxe) e que persoas pensan que son as que aparecen. Acepte respostas como director, actores, cámara, director de fotografía… Comente despois que a imaxe foi tomada na rodaxe da película O lapis do carpinteiro, dirixida por Antón Reixa.
Adiante que o cine será un dos temas da unidade e presente a tarefa final: escribir unha biografía imaxinaria.