Volver

AULA DE GALEGO. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 3. A miña casiña, o meu lar

Lea o título da unidade e pregúntelles aos seus estudantes se saben que quere dicir

Unha vez descifrado o significado, dígalles que son as palabras dun emigrante galego ao ensinarlles a imaxe a uns amigos e amigas.

Pregúntelles se cren que esas palabras se refiren a unha construción ou se se poden referir a algo máis. Aclare que a palabra lar pode ter un sentido amplo: pode referirse a unha vila, a unha cidade ou mesmo a un país. Pode facer referencia á evocación literaria destas palabras, xa que aparecen en máis dunha ocasión en versos de Rosalía de Castro (aínda que como vocativo: “Miña casiña, meu lar”).

Anuncie, por último, os obxectivos e a tarefa final da unidade: deseñar unha casa ideal.