CELGA 2
Aula de Galego 2. Libro do profesorado
Aula de Galego é un método de galego que ten como obxectivo darlles resposta ás necesidades específicas dos alumnos que estudan galego dentro e fóra de Galicia. Para isto, adopta a pespectiva orientada á acción, proposta polo Marco común europeo de referencia, apoiándose nos seus descritores para a progresión do coñecemento.
Aula de Galego constitúe un material didáctico completo e coherente que, tendo en conta os distintos estilos de aprendizaxe, consegue integrar con éxito a práctica das habilidades comunicativas, a reflexión gramatical e o coñecemento e a comprensión da cultura galega.
Aula de Galego é un manual compacto que inclúe, nun mesmo volume:
- o libro do alumno
- o CD coas audicións
- unha sección de exercicios
- un anexo cun resumo gramatical