Volver

AULA DE GALEGO 2. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 1. Volver empezar

Chame a atención dos seus estudantes sobre a foto da portadiña

Pregúntelles: De quen credes que é este brazo? Onde está? Que volve comezar? As respostas que se esperan son: dun profesor, nunha aula/diante do encerado/nun instituto, as clases… Aproveite para especificar que en Galicia os centros de ensino secundario se denominan institutos ou escolas secundarias.

Por último, informe brevemente os seus alumnos dos obxectivos da unidade e da súa tarefa final: inventar a biografía do candidato ideal para un determinado posto de traballo.